Vilalba Aberta reúnese con entidades deportivas

TerraChaXa
Vilalba Aberta segue sumando colectivos ao seu proceso de escoita de entidades e asociacións esta vez con clubs deportivos
reunion vilalba aberta deporte
reunion vilalba aberta deporte
18 may 2023

Vilalba Aberta segue sumando colectivos ao seu proceso de escoita de entidades e asociacións. Así, a formación reuniuse este luns con representantes de varias entidades deportivas do Concello co obxectivo recoller as súas demandas e contrastar varios puntos do seu Programa.

A xuntanza, que se celebrou na nova sede de Vilalba Aberta, permitiulle ao seu candidato á Alcaldía, Modesto Renda, explicar a aposta de VA pola posta en marcha dun Consello Municipal do Deporte como órgano de comunicación cos clubs e o asociacionismo deportivo vilalbés.

A redefinición da actual política de subvencións ou o proxecto de Carril Bici que Vilalba Aberta ten proxectado impulsar co fin de conectar o centro co polígono e a Madalena, puxéronse así mesmo sobre a mesa nunha reunión que a formación agarda repetir como goberno logo do 28M.