Vilalba Aberta reunirase cos veciños de Vilapedre
Vilalba Aberta segue sumando parroquias no seu proceso de escoita do rural vilalbés. Así, e despois das xuntanzas en Santaballa; Nete; Ladra; Oleiros; Carballido; Corbelle; Belesar; San Simón; Lanzós; Árbol, Bordelle e Sancovade a formación visitará Vilapedre para celebrar a 13ª parada da súa iniciativa “Rede de Parroquias”.
Á reunión, fixada para este mércores 29 de marzo ás 20:30h na Casa Escola , seguiranlle outras tres - apalabradas xa - no marco dunha serie de encontros deseñados co obxectivo de coñecer de primeira man as necesidades da veciñanza do rural vilalbés e incorporalas, logo, á axenda política da corporación.
O seu candidato á Alcaldía, Modesto Renda, animou á veciñanza de Vilapedre a participar achegándose o martes á Casa Escola. Así mesmo, non quixo deixar pasar a oportunidade para trasladar o seu “profundo agradecemento á directiva da asociación de veciños da parroquia” por permitir facer posible este novo encontro.