Vilalba Aberta reunirase cos veciños de Vilapedre

TerraChaXa
Vilalba Aberta segue sumando parroquias no seu proceso de escoita do rural, este mércores 29 de marzo ás 20:30h na Casa Escola de Vilapedre.
mulleres de insua vilalba aberta
mulleres de insua vilalba aberta
29 Mar 2023

Vilalba Aberta segue sumando parroquias no seu proceso de escoita do rural vilalbés. Así, e despois das xuntanzas en Santaballa; Nete; Ladra; Oleiros; Carballido; Corbelle; Belesar; San Simón; Lanzós; Árbol, Bordelle e Sancovade a formación visitará Vilapedre para celebrar a 13ª parada da súa iniciativa “Rede de Parroquias”.

Á reunión, fixada para este mércores 29 de marzo ás 20:30h na Casa Escola , seguiranlle outras tres - apalabradas xa - no marco dunha serie de encontros deseñados co obxectivo de coñecer de primeira man as necesidades da veciñanza do rural vilalbés e incorporalas, logo, á axenda política da corporación.

O seu candidato á Alcaldía, Modesto Renda, animou á veciñanza de Vilapedre a participar achegándose o martes á Casa Escola. Así mesmo, non quixo deixar pasar a oportunidade para  trasladar o seu “profundo agradecemento á directiva da asociación de veciños da parroquia” por permitir facer posible este novo encontro.

0.17961096763611