Vilalba abre a nova quenda da convocatoria dos cursos gratuítos de condución segura de motos

A Xunta iniciará en Vilalba. mañá, sábado día 11 de setembro, a nova quenda da convocatoria dos cursos gratuítos de condución segura de motocicletas.
Trátase da segunda convocatoria deste ano dos cursos gratuítos dirixidos a motoristas, que serán 8 cursos gratuítos de condución segura de motocicletas, cun total de 160 prazas dispoñibles.
En concreto, maña no concello lucense de Vilaba, impartirase o primeiro curso desta quenda, no que se prevé a participación dun total de 40 alumnos. Estas clases impartiranse en horario de mañá (das 8:30 h ás 13:30), e de tarde (15:00–20:00 h),na explanada da rúa do Toxo.
Este cursos, impulsados pola Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, contan coa entidade colaboradora, Motovial, e están dirixidos a persoas maiores de 18 anos con permiso de condución de motocicletas (3 anos de experiencia no caso de permiso B), que desexen mellorar o control da motocicleta e conducir de forma máis segura.
A nova quenda destes cursos gratuítos da Xunta impartiranse en catro xornadas e dúas quendas diarias. Así, estas xornadas formativas distribuiranse en dous cursos por día, tendo cada un dos grupos un máximo de 20 alumnos.
As datas dos seguintes cursos, tamén con horario de mañá ou de tarde, serán; o día 19 no concello de Vilaboa, e os días 26 e 27 de setembro en Curtis
Os participantes deberán asistir coa moto en bo estado e coas condicións legais de uso. Os alumnos portarán casco homologado, luvas, botas e roupa de protección, así como a documentación relativa ao seguro obrigatorio do vehículo e á ITV en vigor.
As xornadas formativas distribuiranse en dous cursos por día e localidade, un de mañá e outro de tarde, tendo cada un dos grupos un máximo de 20 alumnos.
Trátase de cursos de formación cunha parte teórica e outra práctica, na que os participantes aprenderán a reaccionar ante situacións adversas, abordaranse temas relacionados coa normativa, con técnicas para mellorar as habilidades dos motoristas e a anticipación do risco e como reaccionar ante el.
Ademais, trataranse temas como o mantemento básico da motocicleta, a técnica e o control da freada, a xestión da traxectoria en curvas, as manobras evasivas e coa condución con pasaxeiro.
Con esta iniciativa, o departamento que dirixe María M. Allegue reafirma o seu compromiso coa seguridade viaria e a formación continua dos motoristas para reducir os riscos nas estradas galegas.