Vilalba acolle dúas presentacións literarias na Casa da Cultura esta fin de semana

TerraChaXa
Estas actividades enmárcanse na programación cultural impulsada polo Iescha
presentacions-libros-iescha
16 Apr 2026

A Casa da Cultura de Vilalba converterase esta fin de semana nun punto de encontro para a actividade literaria coa celebración de dúas presentacións de libros organizadas polo Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), en colaboración co Concello de Vilalba.

A primeira das citas terá lugar o venres 17 de abril ás 20:00 horas coa presentación da obra Agora non é antes. Ideas para unha revolución tranquila, do filósofo e escritor vilalbés Antón Baamonde, publicada pola editorial Galaxia. No acto, o autor estará acompañado por Henrique Sanfiz, de Radio Fene, mentres que a presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do Iescha.

Ao día seguinte, sábado 18 de abril, tamén ás 20:00 horas, será a quenda do libro A faba e nós, de Alberto V. Serantes, con ilustracións de Araceli Paz e editado por Figurando Recordos Edicións. Neste caso, a presentación será conducida igualmente por Marisa Barreiro.

Estas actividades enmárcanse na programación cultural impulsada polo Iescha, que continúa promovendo a difusión da literatura galega e o encontro entre autores e público na capital chairega.

0.12221789360046