Vilalba acolle o sábado unha nova edición dos Cantos de Taberna
TerraChaXa
33 locais de hostalería de Vilalba sumaranse este ano a unha nova edición dos Cantos de Taberna, que se desenvolverán na capital chairega este sábado, 28 de setembro, entre as 12.
26 Sep 2019
33 locais de hostalería de Vilalba sumaranse este ano a unha nova edición dos Cantos de Taberna, que se desenvolverán na capital chairega este sábado, 28 de setembro, entre as 12.30 e as 15.00 horas.
Ata o momento está prevista a actuación de 11 agrupacións, a maioría delas da zona, pero tamén vidas de As pontes, Bergondo, A Coruña, San Cibrao e Lugo.
Ademais, durante esta xornada haberá obradoiros de baile e percusión a cargo de Ribado García e Lus Quelle, que terán lugar ás 18.00 horas na praza da Consitución.
Así mesmo están previstas outras actuacións cmo a de Milesios, ás 20.00 horas, Malvela, ás 21.30 horas ou A Companhía do Ruído, ás 23.00 horas.