Vilalba acolle unha xornada sobre a factura electrónica

TerraChaXa
Está organizada pola asociación Sete Pontes e será este venres ás 9.30 horas
xornada-sobre-factura-electronica
28 Nov 2024

Este venres, 29 de novembro, ás 9:30 horas, as instalacións da Asociación de Empresarios Sete Pontes de Vilalba acollerán unha charla informativa organizada polo Grupo Evolk Galicia, centrada nas novidades normativas que entrarán en vigor o próximo ano. O encontro abordará dúas regulacións clave: a Lei Crea e Crece e a factura electrónica.

Este evento diríxese a empresarios, autónomos e profesionais que desexen coñecer en detalle os cambios que supoñerán estas leis, así como resolver dúbidas relacionadas coa súa aplicación. Será unha oportunidade única para estar ao día sobre aspectos fundamentais que afectarán ao ámbito empresarial.

A sesión estará a cargo dos relatores Ignacio Fontaiña, especialista en desenvolvemento empresarial e vendas, e Antonio Urbano, de desenvolvemento de procesos.

Para confirmar a asistencia, os interesados poden enviar un correo a contacto@poligonosetepontes.com, un WhatsApp ao 628 947 918 ou completar o formulario dispoñible neste enlace.

 

0.17217898368835