Vilalba acollerá a Feira do Queixo San Simón o 7 e 8 de abril e o concurso de tapas do 15 ao 25 de marzo

TerraChaXa
O Concello de Vilalba prepárase para vivir este mes de marzo e abril unha nova edición da súa Festa do Queixo da San Simón da Costa, que leva aparellado un concurso de tapas cunha gran relevancia e onde o prato estrela é este lácteo de fama internacional.
san_simon
9 Mar 2018

O Concello de Vilalba prepárase para vivir este mes de marzo e abril unha nova edición da súa Festa do Queixo da San Simón da Costa, que leva aparellado un concurso de tapas cunha gran relevancia e onde o prato estrela é este lácteo de fama internacional.

O primeiro dos eventos será o concurso de tapas, que se celebrará entre o 15 e o 25 deste mes coa participación de 38 locales do termo municipal.

Cada un deles presentará a súa proposta a un público esixente cun único requisito, que conteña queixo San Simón da Costa. Frías, quentes, doces ou salgadas... as opcións son moitas pero o gosto non pecará.

Como en edicións anteriores, haberá dúas categorías neste concurso de tapas, as creativas  e as tradicionais. De cada un destes grupos escolleranse catro semifinalistas, que serán as catro máis votadas polo público, que serán as que se presenten na gran final, que terá lugar o sábado, aínda que ahora non está determinada.

Para darlle máis relevancia a esta final, os oito pratos seleccionados terán que cociñarse en directo e posteriomente serán valorados por un xurado formado por un representante do Concello, outro da Denominación de Orixe e dous cociñeros, aínda sen determinar.

Para poder probar as tapas deste concurso hai que acudir aos locais participantes en horario de tapeo polas tardes e as fins de semana tamén ao mediodía. As tapas do concurso terán un prezo de 1,50 euros os da categoría tradicional e 2,50 ou 3 euros as da categoría creativa.

FEIRA. O que tamén ten listo xa a comisión é o programa da Feira, que este ano chega á súa XXIV edición. Haberá, como noutras ocasións, dous días de feira, o 7 e o 8 de abril e desenvolverase na praza da Constitución, donde se colocarán os stands de artesáns e productos gastronómicos que todos os anos completan o panorama festivo.

O pregón deste ano estará a cargo de Jorge Gago, cociñeiro do restaruante santiagués A Maceta, que dará o pistoletazo de saída oficial ás 19.00 horas. Este profesional da cociña, de tan só trinta anos de idade, gañou no Forum Gastronómico o premio Cociñeiro Novo 2017.

Xa ás 16.30 horas do sábado terá lugar un obradoiro de cociña infantil a cargo de Esther, a gañadora de MásterChef Júnior 5.

O domingo haberá dúas sesións de showcooking diferenciadas. Ás 12.00 horas será a vez de María Varela, do Restaurante A Parada das Bestas e ás 13.30 tocaralle a Yayo Daporta, do restaurante do mesmo nome, posuidor dunha estrela Michelín.

Por outra banda, o Concello de  Vilalba mantén aberto ata o día 17 de marzo o prazo de inscrición para ocupar un dos stans da feira de abril. O Concello ten na súa web os modelos de fichas para presentar.

0.091737985610962