Vilalba acollerá a proxección do documental '360 curvas. Nacer a medio camiño', gañador dos Premios Mestre Mateo 2026

TerraChaXa
Esta será a novena proxección do ciclo, que ofrece durante os próximos meses a oportunidade de achegarse ás películas finalistas
360-Curvas-documental-Mestre-Mateo-Lugo-26
16 Nov 2026

O Auditorio Municipal de Vilalba acollerá o vindeiro xoves 19 de novembro, ás 20.00 horas, a proxección de 360 curvas. Nacer a medio camiño, o documental gañador dos XXIV Premios Mestre Mateo 2026, dirixido por Alejandro Gándara e Ariadna Silva.

A actividade enmárcase no Ciclo Mestre Mateo 2026, unha iniciativa organizada polo Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, a Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Vilalba.

Esta será a novena proxección do ciclo, que ofrece durante os próximos meses a oportunidade de achegarse ás películas finalistas dos Premios Mestre Mateo nas categorías de documentais, longametraxes e curtametraxes.

O documental parte das 360 curvas que separan A Fonsagrada de Lugo para retratar unha longa e difícil viaxe descendente entre montañas, que reflicte o declive dunha localidade que, a comezos dos anos noventa, decidiu loitar pola súa supervivencia.

0.13456511497498