Vilalba acollerá este mes unha xornada sobre o taekwondo e a discapacidade

TerraChaXa
O salón de actos da casa da cultura de Vilalba acollerá o 25 febreiro, ás 10:30 horas, a celebración da II Xornada de Taekwondo inclusivo.
xornada taekwondo inclusivo vilalba
5 Feb 2023

O salón de actos da casa da cultura de Vilalba acollerá o 25 febreiro, a partir das 10:30 horas, a celebración da II Xornada de Taekwondo inclusivo.

Trátase dunha actividade gratuíta que necesita inscrición previa xa que ten un límite de aforo de 60 persoas.

O obxectivo da sesión é ser un punto de encontro entre practicantes de artes marciais (alumnos e mestres) para reflexionar sobre os beneficios da práctica das AAMM en persoas con discapacidades ou sen elas.

O programa arrancará ás 10:30 coa presentación a cargo do mestre Antonio Montes.

A continuación haberá unha charla a cargo de Benjamín Reyes Martín licenciado en Mediciña pola Universidade Complutense de Madrid e na Facultade de Medicina Tradicional China da Universidade de Beijing. Membro da Comisión Técnica de Special Olimpics e da International Federation of Sports Medicine entre outros moitos organismos de carácter internacional. Membro do servizo médico durante o desenvolvemento da Olimpíada Special Olimpics para deficientes psíquicos en Barcelona 92. O doutor Benjamín Reyes é mestre de Karate Seidokai con grao de Renshi cunha traxectoria no ensino de máis de 35 anos. A temática a tratar será a sensibilización e aproximación ao adestramento en discapacidade.

0.18019413948059