Vilalba acollerá o 17 de outubro a XIII Xornada de Apicultura Serra da Carba

TerraChaXa
Ás 18.00 horas terá lugar unha charla a cargo de Alberto Uría, de El país del Abeilleiro, baixo o título 'Como facer apicultura compatible cos polinizadores silvestres'
xornada-apicultura-serra-da-carba
17 Oct 2026

A Casa da Cultura de Vilalba acollerá este domingo, 17 de outubro, a XIII Xornada de Apicultura Serra da Carba, unha iniciativa organizada pola Asociación de Apicultura Serra da Carba coa colaboración do Concello de Vilalba e do CEIP Monseivane.

A programación comezará ás 17.00 horas cunha cata de meles locais, que permitirá ás persoas asistentes coñecer e degustar diferentes variedades de mel da contorna.

Ás 18.00 horas terá lugar unha charla a cargo de Alberto Uría, de El país del Abeilleiro, baixo o título Como facer apicultura compatible cos polinizadores silvestres. A intervención abordará a importancia de desenvolver prácticas apícolas compatibles coa conservación dos polinizadores silvestres.

A xornada busca poñer en valor a apicultura local e fomentar o coñecemento sobre esta actividade, así como a súa relación coa biodiversidade e a protección do medio natural.

O encontro celebrarase na Casa da Cultura de Vilalba e contará coa participación da Asociación de Apicultura Serra da Carba, entidade organizadora, xunto co apoio das institucións e entidades colaboradoras.

0.16442584991455