Vilalba acollerá o sábado 19 unha nova edición da Ruta Cabalar

TerraChaXa
As reservas deberán realizarse antes do 15 de setembro
ruta-cabalar-docavil
14 Sep 2026

Vilalba acollerá o vindeiro sábado 19 de setembro unha nova edición da Ruta Cabalar, unha xornada que reunirá afeccionados aos cabalos nun percorrido polo municipio e que contará con xuntanza amenizada polo DJ Zalo.

A programación comezará ás 10.00 horas coa xuntanza dos cabalos no río da Magdalena de Vilalba. Ás 10.30 horas terá lugar a saída da ruta, durante a que haberá pinchos, e a chegada está prevista para as 14.00 horas novamente no río da Magdalena, onde se celebrará o xantar.

O menú estará composto por xamón cocido, polbo, churrasco, sobremesa, café e licores, servido polo Bar Rochela. O prezo da actividade será de 30 euros por persoa.

As reservas deberán realizarse antes do 15 de setembro. Para obter máis información ou formalizar a inscrición, as persoas interesadas poden contactar con Antonio no teléfono 678 813 569 ou con María no 662 211 768.

A organización advirte de que non se fará cargo dos danos ocasionados polos cabaleiros ou polos seus cabalos. A actividade conta coa colaboración do Concello de Vilalba.

0.14487600326538