Vilalba acollerá os campionatos de tenis de mesa do Xogade

TerraChaXa
Vilalba convertirase, nos meses de abril e maio, na capital do tenis de mesa.
Captura de pantalla 2019 04 09 a las 13.13.15
9 Abr 2019

Vilalba convertirase, nos meses de abril e maio, na capital do tenis de mesa. E é que o municipio acollerá entón a celebración dos campionatos escolares 2019 do Xogade das fases local e provincial na modalidade de tenis de mesa.

As competicións están coorganizadas polo Concello en colaboración co Club TDM Vilalba, pola delegación da Agrupación Deportiva Terra Chá e do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia.

Así, o certame Zona Terra Chá disputarase o 11 de abril, mentres que o Provincial terá lugar o 25 de maio. Os dous campionatos celebraranse no pavillón municipal da localidade chairega, a partir das 11.00 horas.

No encontro zonal participarán unha quincena de equipos de escolares procedentes de Vilalba, Pastoriza, Rábade e Castro de Rei, que competirán divididos nas categorías benjamín, alevín, infantil e cadete.

CARTEL TORNEOS ESCOLARES TENIS DE MESA 2019
0.12690806388855