Vilalba acollerá unha xornada sobre o uso do kit Vespa Finder para localizar niños de velutina

TerraChaXa
A actividade celebrarase o 20 de setembro ás 10:00 horas na Escola da Pedragosa, en San Simón da Costa
NIDO VELUTINA
18 Sep 2026

A Escola da Pedragosa, en San Simón da Costa, acollerá o próximo 20 de setembro, ás 10:00 horas, unha xornada formativa sobre o uso do kit Vespa Finder para a localización de niños de velutina.

A actividade está dirixida ás persoas interesadas no control desta especie invasora e permitirá coñecer o funcionamento deste sistema de localización. A xornada está organizada coa colaboración da Deputación de Lugo, a través da Vicepresidencia e da área de Rural, o Concello de Vilalba, a Asociación de Apicultores da Chaira e Casa do Mel de Goente.

As persoas interesadas en participar deberán realizar a inscrición previamente nos teléfonos 661 003 616 ou 669 254 677.

0.1552209854126