Vilalba acolleu a primeira sesión do Consello local da Infancia e Adolescencia

TerraChaXa
O Consello Local da Infancia e Adolescencia celebrou a súa primeira sesión ordinaria no Salón de Plenos do Concello de Vilalba.
consello local infancia adolescencia vilalba w
consello local infancia adolescencia vilalba w
28 Feb 2024

O Consello Local da Infancia e Adolescencia celebrou a súa primeira sesión ordinaria no Salón de Plenos do Concello de Vilalba.

Nesta primeira xuntanza os e as membros do Consello tomaron posesión e recibiron algunhas pautas sobre o regulamento do órgano de representación da infancia e da mocidade.

Agora, comezarán o seu traballo mediante o estudo de necesidades que desexan transmitirlle ao goberno local de cara a vindeira sesión, para entre todos e todas, debatelas e chegar a acordos beneficiosos para a mocidade do municipio.

0.18291687965393