Vilalba arrancará este xoves o ciclo musical 'Seráns con sons' para amenizar o verán

TerraChaXa
A programación conta con 7 actuacións musicais ao aire libre que se celebrarán entre xullo e agosto
serans-con-son
1 Jul 2026

O Concello de Vilalba arranca este xove, 2 de xullo, unha nova proposta para este verán baixo o nome de “Seráns con son”, un ciclo musical que levará á alameda Basanta Olano un total de 7 actuacións ao aire libre entre os meses de xullo e agosto.

As actuacións celebraranse todos os xoves do mes de xullo e o primeiro de agosto ás 20:30 horas, ademais dunha última cita especial o martes 11 de agosto, coincidindo coa xornada previa ao eclipse solar, arredor do que o Concello está a preparar tamén unha programación específica que será presentada nas próximas semanas.

A programación de “Seráns con son”, que conta coa colaboración de A Pravia, Esmorga, Xanela e Momentos, estará formada por propostas musicais variadas e en formatos próximos e adaptados ao espazo da alameda:

● 2 de xullo – The Swinging Flamingos (swing – Galicia)
● 9 de xullo – Terrae & Nastasia Zürcher (músicas do Mundo – Galicia/Suíza)
● 16 de xullo – César de Centi (cancionista e versións – Galicia)
● 23 de xullo – Silvia Penide (cantautora – Galicia)
● 30 de xullo – Bela Clarlo (versións – Galicia)
● 6 de agosto – Disquetera (versións pop e rock – Galicia)
● 11 de agosto – DJ Mr. Fishman (selección especial previa ao eclipse)

Durante a presentación, desde o Concello explicouse que este novo ciclo non se entende como unha programación illada, senón como parte dunha estratexia máis ampla para reforzar a actividade social en Vilalba ao longo de todo o ano.

Desde o Concello animan á veciñanza a participar nesta primeira edición de “Seráns con son” e a incorporar estas citas musicais á programación estival do municipio.

0.11244416236877