Vilalba celebra o Día do Libro con contacontos na Biblioteca Municipal

TerraChaXa
A actividade contará coa participación de Charo Pita, que ofrecerá dúas propostas adaptadas a diferentes idades
contacontos-con-charo-pita-vilalba
20 Apr 2026

A Biblioteca Municipal de Vilalba acollerá este martes, 21 de abril, unha programación especial con motivo do Día do Libro, centrada en achegar a lectura aos máis pequenos a través de sesións de contacontos.

A actividade contará coa participación de Charo Pita, que ofrecerá dúas propostas adaptadas a diferentes idades. A primeira sesión, titulada Tantarantán Tantarantiña, terá lugar ás 16:30 horas e estará dirixida a nenos e nenas de 0 a 4 anos. Posteriormente, ás 17:30 horas, desenvolverase Abrazar coas palabras, pensada para público infantil a partir dos 5 anos.

Dende o Concello destacan que se trata dunha oportunidade para fomentar o interese pola lectura desde idades temperás, a través de historias contadas dun xeito próximo, dinámico e participativo.

As prazas son limitadas, polo que será necesario realizar inscrición previa para poder asistir a esta actividade, que se presenta como un plan cultural e educativo para gozar en familia arredor dos libros.

0.097065210342407