Vilalba celebrou por todo o alto unha nova edición da Feira do Queixo San Simón

TerraChaXa
Vilalba vén de celebrar esta fin de semana a XXVII Festa DOP San Simón da Costa, que pon en valor un dos produtos estrelas da comarca.
feira queixo sa simon vilalba15
3 Abr 2023

Vilalba vén de celebrar esta fin de semana a XXVII Festa DOP San Simón da Costa, unha nova edición dunha feira que pon en valor un dos produtos estrelas da comarca e serve de aplauso público para os seus produtores, os gandeiros e os agricultores que forman parte da cadea de elaboración.

A veciñanza e os visitantes desfrutaron xuntos de dous días nos que a gastronomía, a cultura, as tradicións, as diferentes propostas musicais, as demostración culinarias e as degustacións encheron unha axenda ideada para todos e todas, sen importar a idade.

A feira centrouse nas casetas, así como dos produtos e da artesanía da contorna, ao tempo que maiores e cativos aprendían diferentes elaboracións do queixo e o proceso de produción no sohwcooking de Iván Mariño e no talleres infantís.

O pregón de María Barro, o sorteo de cestas entre os compradores e o concerto de Sés completaron unha gran xornada que hoxe ten continuidade con moitas máis propostas de lecer sempre ao redor do Queixo San Simón da Costa.

Así, dende as 10:00 e ata as 15:00 horas, a feira mantívose aberta para que ninguén quede sen probar as diferentes e variadas tapas do Foodtruck e que eran totalmente de balde.

Tamén tivo unha gran acollida o showcooking a cargo de Iván Mariño, cociñeiro da TVG. O ex concursante de Máster Chef 8 amosou na súa demostración un arroz e unha sobremesa nos que o queixo foi o gran protagonista. Toda a veciñanza e os visitantes comprobaron non só o excelente sabor desta preparación, senón a cercanía e alegría do propio Iván.

Tamén os máis cativos da casa puideron desfrutar cun obradoiro no que aprenderon a crear queixos ata as 19:00 horas, hora no que comezou o pregón das festas e o sorteo das dúas cestas de produtos.

0.1818208694458