Vilalba contará con catro prazas máis de aparcamento para persoas con mobilidade reducida

TerraChaXa
O tenente de alcalde e responsable de Mobilidade, Modesto Renda, anunciou a ampliación das prazas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida (PMR) en varias rúas do casco urbano.
prazas mobilidade reducida vilalba
11 Maio 2024

O tenente de alcalde e responsable de Mobilidade, Modesto Renda, anunciou a ampliación das prazas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida (PMR) en varias rúas do casco urbano. Unha medida, que tal e como explicou pretende “dar resposta ao grande número de solicitudes de familiares e veciños/as dependentes que recibiu dende o inicio da lexislatura.”

Así, as catro novas prazas delimitáronse na avenida Terra Chá e nas rúas Campo de Puente; Cidade de Lugo e A Revolta, sendo estas elixidas en base a unha análise de campo realizado pola área de mobilidade en estreita colaboración cos axentes da Policía Local.

En palabras de Renda, a decisión sobre as situacións tomouse logo de “estudar e analizar os aspectos e particularidades relacionados coas solicitudes recibidas, coa finalidade de lograr a maior eficiencia e utilidade da actuación”.

Con todo, dende a área de Mobilidade seguiranse a recoller as suxestións e propostas de colectivo e o tenente de alcalde avanzou que o Concello traballa xa na organización dunha campaña de sensibilización, que terá por obxecto concienciar á veciñanza da importancia de respectar estes estacionamentos reservados.

0.18228101730347