Vilalba contará con cursos gratuítos de galego para a integración da poboación migrante

A concelleira de Promoción da Lingua Mª Xosé Fernández e o vicealcalde Modesto Renda presentaron hoxe unha nova iniciativa, pensada para favorecer a necesaria integración da poboación migrante. Un Curso de Introducción á Lingua e a Cultura Galegas para maiores de 16 anos que procedan de outros países e se acheguen por primeira vez ao galego.
A actividade desenvolverase os días 28, 29 e 30 de setembro de 19:00h a 21:30h e os días 2, 5, 6, 7 e 9 de outubro no mesmo horario.
Será na Sala de Xuntas do Concello (2° andar) e o número de prazas ofertadas ascende ás 20.
Aqueles/as que o desexen poden inscribirse ata o día 25 de Setembro na Oficina de Turismo e a actividade será, por suposto, 100% gratuíta.
Ao remate do curso, entregarase un diploma ós alumnos acreditativo das 20h de formación.