Vilalba enche o parque Rosalía de Castro de música e diversión cun concerto familiar

TerraChaXa
A actividade, dirixida especialmente aos nenos e nenas dos campamentos de verán, estará aberta tamén ao público en xeral
brais-das-hortas-vilalba
18 Aug 2026

O parque Rosalía de Castro de Vilalba acollerá este mércores, 19 de agosto, ás 12:00 horas, o espectáculo Concertasso na Horta, protagonizado por Brais das Hortas. A actividade, dirixida especialmente aos nenos e nenas dos campamentos de verán, estará aberta tamén ao público en xeral.

A proposta combina música, historias e diversión nun espectáculo pensado para gozar en familia e que permitirá aos participantes vivir unha mañá diferente ao aire libre.

A iniciativa conta ademais coa participación dos nenos e nenas dos campamentos de verán de Vilalba, que ao longo destas semanas pasaron pola Biblioteca Municipal, onde descubriron novas lecturas, levaron libros en préstamo, recomendaron as súas obras favoritas e realizaron diferentes manualidades. Parte destes traballos formarán agora parte da actividade que se desenvolverá no parque Rosalía de Castro.

O Concello de Vilalba anima á veciñanza a participar nesta proposta cultural e de lecer, que terá lugar este mércores a partir das 12:00 horas e que permitirá compartir unha mañá de música e diversión en familia.

0.12072205543518