Vilalba entra en alerta vermella por coronavirus

TerraChaXa | LugoXa
Vilalba entra en alerta vermella de casos de covid-19 nunha xornada caracterizada por marcar a primeira baixada de casos activos.
CARTEL M DE CINE 2017 (1)
8 Nov 2020

Vilalba entra en alerta vermella de casos de covid-19 nunha xornada caracterizada por marcar a primeira baixada de casos activos.

Deste xeito a provincia amaneceu hoxe con 1.127 casos, 30 máis que onte malai ter 61 novos postivos nas últimas 24 horas, unha cantidade inferior á dos últimos días nos que se rexitraron arredor de cen.

Aumenta, eso si, o número de hospitalizados. Xa son 51, catro deles na UCI. Na planta do Hula hai 30, no de Burela 14 e en Monforte 3.

Nas últimas horas recibiron a alta 91 persoas polo que xa son 3.694 as que superaron a enfermidade.

Por outro lado, xa son 104 os falecidos, tras tres decesos nas últimas horas, dúas delas da residencia de San Cibrao, centro cun gromo que ten 12 ingresados no hospital da costa e que ten 49 infectados.

Vilalba súmase deste xeito ao concellos en alerta vermella, xunto a Lugo, Chantada, Viveiro, Burela e Cervo, mentres Monforte baixa a nivel laranxa.

Continúan en amarelo Xove, O Valadouro, Foz, Palas, Guntín, Outeiro de Rei, Sarria e Pedrafita. Súmase tamén O Corgo e Castroverde.

0.19739699363708