Vilalba impulsa o Voluntariado Marrón cun punto informativo hoxe no campo da feira

TerraChaXa
A iniciativa está aberta a todas aquelas persoas e negocios que queiran colaborar cunha xestión máis sostible dos residuos
Foto-materiais-marron-oleiros
17 Nov 2026

O Concello de Vilalba continúa coa campaña informativa do Voluntariado Marrón, unha iniciativa municipal que busca fomentar a reciclaxe dos residuos orgánicos e implicar a familias, particulares e establecementos na separación da materia orgánica.

Hoxe, martes 17 de novembro, instalarase un punto informativo no campo da feira, en horario de 10:30 a 13:30 horas. Durante a xornada, as persoas interesadas poderán coñecer o funcionamento do colector marrón, resolver dúbidas, recibir os kits de reciclaxe destinados ás persoas voluntarias e informarse sobre como participar no programa.

A iniciativa está aberta a todas aquelas persoas e negocios que queiran colaborar cunha xestión máis sostible dos residuos. Para formar parte do Voluntariado Marrón só é necesario inscribirse como voluntario ou voluntaria e comezar a separar os residuos orgánicos.

A campaña informativa volverá ao campo da feira o vindeiro martes 15 de decembro, tamén de 10:30 a 13:30 horas.

As persoas que non poidan achegarse ao punto informativo poden solicitar a súa inscrición chamando ao teléfono 982 510 305 ou acudindo á Casa do Concello.

O obxectivo é avanzar cara a unha Vilalba máis sostible, dando unha nova vida aos residuos orgánicos a través da colaboración cidadá.

0.10779404640198