Vilalba impulsa un novo curso de memoria gratuíto para maiores en Vilapedre

O Concello de Vilalba, en colaboración coa Asociación de Veciños de Vilapedre, pon en marcha un novo curso de memoria dirixido principalmente ás persoas maiores da parroquia. A actividade, que será totalmente de balde, comezará o luns 10 de novembro de 2025 e prolongarase ata o mes de maio.
As clases impartiranse na Casa Escola de Vilapedre todos os luns de 17.00 a 18.00 horas. O obxectivo desta iniciativa é fomentar o envellecemento activo, reforzar a estimulación cognitiva e promover o contacto social entre os veciños e veciñas participantes.
Desde o Concello de Vilalba destacan a importancia de ofrecer programas de formación e ocio saudable adaptados ás persoas maiores do rural, contribuíndo así ao seu benestar físico e emocional.