Vilalba oferta 6 novos postos de peón dentro do DepuEmprego

TerraChaXa
A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, anunciou que xa está aberto o prazo para participar nos procesos de selección de 6 novos postos de emprego para traballar como peón en Vilalba.
4 Oct 2018

A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, anunciou que xa está aberto o prazo para participar nos procesos de selección de 6 novos postos de emprego para traballar como peón en Vilalba. Farano grazas ao DepuEmprego, o programa de creación de emprego da Deputación para Concellos de menos de 20.000 habitantes. O requisito indispensable para poder optar a unha destas prazas é o de estar apuntado como demandante de emprego no INEM.

Para concorrer a calquera dos postos, as persoas interesadas que desexen participar no proceso de selección, deberán enviar as súas solicitudes dende hoxe 4 outubro, no INEM. Máis información, no propio Concello de Vilalba.

Os interesados deberán dirixirse ao INEM ou ao Concello para realizar os trámites de concorrencia, pois son os encargados de levar a cabo os procesos de selección dos candidatos, que comezarán tras o peche de recepción de solicitudes. Máis información no BOP, no taboleiro de anuncios do Concello ou en www.deputacionlugo.gal, no que hai un espazo habilitado.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16845488548279