Vilalba ofrece axudas para incentivar a contratación dos alumnos do obradoiro de emprego

TerraChaXa
O Concello de Vilalba incentiva a contratación por parte das empresas dos alumnos e alumnas que participan no obradoiro de emprego Terra Cha no Camiño III.
obradoiro emprego terra cha camino iii
16 sep 2023

O Concello de Vilalba incentiva a contratación por parte das empresas dos alumnos e alumnas que participan no obradoiro de emprego Terra Cha no Camiño III.

En concreto, trátase de axudas de 1.500 euros para contratar aos seis alumnos e alumnas que participaron no módulo de Operacións de gravación de datos e documentos (seis persoas para a dixitalización do arquivo municipal), e aos 8 alumnos do módulo de Revestimentos con pezas ríxidas por adherencia na construción, dirixido a albaneis, enfoscadores e peóns.

“Aínda que non temos competencias directas en materia de emprego, os concellos debemos impulsar todas aquelas actividades de formación que melloren a empregabilidade e posibiliten a inserción laboral dos nosos veciños e veciñas”, asegura Elba Veleiro, alcaldesa de Vilalba.

As bases das axudas publicáronse no BOP de Lugo o pasado día 7 e o prazo para presentar as solicitudes de axudas remata o 22 de setembro. A formalización dos contratos debe facerse entre o 19 de setembro e o 9 de outubro. O obradoiro de emprego clausúrase este luns, día 18 de setembro.

0.12913608551025