Vilalba ofrece axudas para sufragar os gastos de notaría na concentración de fincas rústicas

TerraChaXa
A axuda poderá alcanzar ata o 100 % do custo destes gastos, aínda que en ningún caso poderá superar o importe total da operación
terras-agricolas-cultivos
10 Oct 2026

O Concello de Vilalba habilitou unha liña de axudas destinada a sufragar os gastos de notaría derivados da concentración de fincas rústicas destinadas a uso agrícola ou gandeiro. O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto ata o 8 de novembro de 2026.

As axudas están dirixidas aos propietarios de terreos rústicos que realicen operacións de segregación ou permuta, sempre que estean ao día coas súas obrigas coa Facenda e coa Seguridade Social e cumpran os requisitos establecidos legalmente.

A convocatoria contempla a cobertura dos gastos de notaría derivados da agregación, permuta ou segregación de fincas. A axuda poderá alcanzar ata o 100 % do custo destes gastos, aínda que en ningún caso poderá superar o importe total da operación. Ademais, é compatible con outras axudas sempre que non se supere o custo total da actuación.

As solicitudes serán atendidas por orde de presentación ata que se esgote o orzamento dispoñible. As persoas interesadas poden obter máis información no local do Sindicato Labrego Galego (SLG) en Vilalba.

0.14497685432434