Vilalba organizará unha ruta narrada en Santaballa dentro da programación do Festival Atlántica

TerraChaXa
A actividade celebrarase o 4 de xullo con 35 prazas dispoñibles e inscrición previa a través da Oficina de Turismo ou por correo electrónico
presentacion-atlantica-vilalba
24 Jun 2026

O Concello de Vilalba presentou unha nova ruta narrada que se desenvolverá na parroquia de Santaballa dentro da programación do Festival Atlántica. A iniciativa foi dada a coñecer pola concelleira de Promoción da Lingua, María Xosé Fernández, o vicealcalde, Modesto Renda, e a concelleira de Cultura, Mónica González, acompañados por representantes da Liga Santaballesa.

A actividade terá lugar o vindeiro sábado 4 de xullo e comezará ás 09.30 horas. O punto de saída será a Escola Habaneira de Santaballa, desde onde partirán as persoas participantes para realizar un percorrido que combinará patrimonio, paisaxe e narración oral.

Co obxectivo de facilitar a participación, a organización habilitará un autobús na propia escola para trasladar ás persoas que o precisen, permitindo así realizar unha versión máis curta da ruta.

O Concello establecerá un máximo de 35 prazas para esta actividade. As inscricións poderán formalizarse a partir do 24 de xuño mediante o envío dun correo electrónico ao enderezo turismo@vilalba.es ou de forma presencial na Oficina de Turismo municipal.

Desde a organización sinalan que a ruta está dirixida principalmente a público adulto e forma parte das propostas culturais impulsadas para poñer en valor o patrimonio e a tradición oral do municipio no marco do Festival Atlántica.

O Concello de Vilalba tamén quixo agradecer expresamente a colaboración da empresa Autocares Darriba, cuxa participación permitirá facilitar o desenvolvemento desta actividade en Santaballa.

0.12296104431152