Vilalba presenta a XXII Mostra de Teatro cunha programación variada para todos os públicos

A concelleira de Cultura de Vilalba, Mónica González, presentou a XXII edición da Mostra de Teatro, unha cita que volverá encher de cultura e artes escénicas a localidade durante este mes cunha programación variada e de calidade dirixida a todos os públicos.
A mostra contará con tres representacións teatrais que se desenvolverán ao longo desta fin de semana.
A primeira función terá lugar o venres 20, ás 20:30 horas, coa representación de Nós, a cargo da Escola de Formación de Actrices e Actores do Padroado da Cultura de Narón.
O sábado 21, tamén ás 20:30 horas, será a quenda de A mala estrela, unha versión libre de Luces de Bohemia, que chegará da man de Opaí Teatro-Canido SRD.
A programación completarase o domingo 22, ás 19:00 horas, coa obra Ópera pánica, representada pola Escola Municipal de Teatro de Vilalba.
Desde a organización animan á veciñanza a participar nesta nova edición e a aproveitar a oportunidade de gozar do teatro en directo en Vilalba.