Vilalba promove o intercambio e doazón de libros na Biblioteca Municipal polo Día do Libro

TerraChaXa
Co obxectivo de facilitar a xestión da actividade, non se admitirán libros de texto, enciclopedias nin obras de referencia xeral
carral-libros
21 Apr 2026

O Concello de Vilalba organizará os días 22 e 23 de abril unha actividade especial na Biblioteca Municipal Agustín Fernández Paz para celebrar o Día do Libro, centrada no troco e na doazón de exemplares entre a veciñanza.

Durante todo o horario de apertura, as persoas interesadas poderán achegarse á biblioteca para escoller e levar libros de maneira libre, así como contribuír coa doazón de exemplares que teñan na casa. A iniciativa busca fomentar a lectura e dar unha segunda vida aos libros, promovendo ao mesmo tempo a participación cidadá.

A organización sinala que se poderán entregar novelas, libros infantís e obras divulgativas que estean en bo estado e actualizados. Como agradecemento, as persoas que participen na doazón recibirán un pequeno detalle.

Co obxectivo de facilitar a xestión da actividade, non se admitirán libros de texto, enciclopedias nin obras de referencia xeral, así como materiais deteriorados, revistas, folletos ou soportes considerados obsoletos.

Os libros recollidos poderán incorporarse ao fondo da propia biblioteca ou ser destinados a outras institucións, contribuíndo así á difusión da lectura e ao aproveitamento dos recursos culturais.

0.12386417388916