Vilalba quere adherirse ao convenio contra incendios

TerraChaXa
O Concello de Vilalba leva ao pleno a adhesión ao convenio para manter limpas as fincas e franxas secundarias, evitando o risco de incendio.
incendio forestal lume
incendio forestal lume
27 may 2021

O pleno do Concello de Villaba tratará no pleno de mañá unha iniciativa do grupo de goberno para a adhesión a un convenio suscrito entre a Fegamp, a Xunta de Galicia e a empresa Seaga para manter limpas as fincas e franxas secundarias do municipio, evitando desta maneira o risco de incendios.

A adhesión a este convenio permite ás administracións locais ter máis medios para xestionar a biomasa, limpar as fincas e as franxas secundarias (áreas de 50 metros en torno aos núcleos de poboación que deben manterse libres de maleza e árbores).

Ademais, grazas á adhesión a este convenio, o Concello de Vilalba poderá actualizar coa colaboración de Seaga o seu Plan Municipal de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais.

“A loita contra os incendios é unha tarefa de todos e desde o concello queremos dar un paso máis, lembrando tamén aos veciños e veciñas a obligatoriedade de manter limpas as súas leiras para evitar sancións”, explica a alcaldesa, Elba Veleiro.

 +Para os concellos, é fundamental que os propietarios das fincas cumpran os deberes e limpen cada ano as súas propiedades, unha tarefa que será máis sinxela desde agora en Vilalba coa adhesión ao convenio.