Vilalba reúne este martes o Consello Local da Infancia e Adolescencia

TerraChaXa
A Casa do Concello de Vilalba será o lugar de celebración da xuntanza do Consello Local de Infancia e Adolescencia este martes, 27 de febreiro.
26 Feb 2024

A Casa do Concello de Vilalba será o lugar de celebración da xuntanza do Consello Local de Infancia e Adolescencia este martes, 27 de febreiro.

O Consello Local de Infancia e Adolescencia, creado no ano 2022, serve de ferramenta de coordinación entre a administración local e as entidades implicadas no benestar das persoas menores de idade.

Nel, están representadas as diversas partes implicadas: a Alcaldía, a Concellería de Infancia e Xuventude, a Concellería de Servizos Sociais, nenos e nenas en período de escolaridade obrigatoria seleccionados polos distintos Centros Escolares e unha persoa representante de cada grupo municipal.

"Pensamos que a mellor maneira de dinamizar o noso Concello é atendendo ás propostas da veciñanza, neste caso dos nosos mozos e mozas" sinalou a alcaldesa, Marta Rouco.

Ademais, a rexedora explicou que "será unha xuntanza para coordinarnos coa nosa mocidade e estudar as súas propostas para atender ás súas necesidades e intereses".

0.18960690498352