Vilalba suma un novo centenario coa celebración dos 100 anos de Pepe Cendán Paz

Vilalba conta cun novo centenario. Pepe Cendán Paz, veciño de Broz, na parroquia de Goiriz, celebrou os seus 100 anos rodeado da súa familia, nunha xornada emotiva na que tamén recibiu a visita da alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, e da concelleira Paula Vigo.
Durante o encontro, familiares e representantes municipais compartiron anécdotas sobre a vida de Pepe, que durante moitos anos estivo á fronte do bar e ultramarinos ‘Casa da Rubia’. Ademais, dedicouse á actividade gandeira, cunha explotación de vacún e porcino.
Pepe Cendán Paz celebrou o seu centenario acompañado polo seu fillo, dúas netas e tres bisnetos, cos que soprou as velas neste día tan especial.
O Concello de Vilalba continúa así coa súa homenaxe ás persoas centenarias do municipio, recoñecendo a súa traxectoria vital e compartindo con elas e coas súas familias unha data tan significativa.