Vilalba vive esta fin de semana a XII Ruta Turística 4x4

TerraChaXa
As actividades comezarán o venres, cunha xornada de benvida que inclúe inscricións e pinchos no Hostal Terra Chá, a partir das 21:30 horas
ruta-4x4-vilalba
7 May 2026

Vilalba converterase esta fin de semana do 8 e 9 de maio no epicentro do motor coa celebración da XI Ruta Turística Vilalba 4x4, organizada polo Club Vilalba 4x4. O evento reunirá a afeccionados ao mundo do todoterreo de toda Galicia e doutros puntos da xeografía estatal.

As actividades comezarán o venres cunha xornada de benvida que inclúe inscricións e pinchos no Hostal Terra Chá, a partir das 21:30 horas.

O día grande será o sábado 9, cando se desenvolverá a ruta oficial. Os participantes recollerán as credenciais e realizarán a inscrición no Café Bar Decem, para logo iniciar a aventura desde o Campo da Feira de Vilalba. A xornada rematará cunha cena de confraternidade no Restaurante Montero, onde se reunirán todos os participantes para compartir experiencias.

Este evento conta co apoio de numerosos patrocinadores locais e das institucións, entre elas o Concello de Vilalba, a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia, consolidándose como unha cita imprescindible para os amantes do motor e do turismo de natureza.

0.13798117637634