Vilalba volve ser sede do clasificatorio e provincial escolar de campo a través

TerraChaXa
Un ano máis, Vilalba acollerá o campionato provincial de campo a través, que congregará a 450 participantes en diversas categorías na capital chairega.
IMG_20200121_130320
22 Jan 2020

Un ano máis, Vilalba acollerá o campionato provincial de campo a través, que congregará a 450 participantes en diversas categorías na capital chairega. Esta competición englóbase dentro da iniciativa Xogade, o programa de deporte en idade escolar impulsado pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Nos días pasados disputouse a fases preparatoria, mentres que a clasficatoria desta especialidade terá lugar este sábado mentres que a final provncial deixarase para o 2 de febreiro.

Está previsto que as probas se desenvolvan entre as 11.00 e as 13.30 horas e a entrega de medallas será ás 13.45, aproximadamente. O lugar escollido para o evento será o Estadio da Magdalena. Participarán unos 300 corredores das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete procedentes dos municipios de Vilalba, A Pastoriza, Castro de Rei, Guitiriz, Outeiro de Rei e Mondoñedo.

Nestas carreiras decidirase quenes serán os representantes da comarca no provincial, no que se estima xa unha participación de 450 escolares.

Pasarán á última proba os oito atletas máis rápidos de cada categoría e os dous mellores equipos.

Malia que o evento está organizado pola Xunta de Galicia, dentro do programa Xogade, o Concello de Vilalba aporta o avituallamento e as instalacións para este evneto que se sucede un ano máis.

82812601_2579375072281814_8146182509462290432_o

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20170617103577