Vilalvite celebrará un xantar popular para inaugurar o novo Centro Social

LugoXa | TerraChaXa
As persoas interesadas en asistir poden adquirir os billetes ata o 25 de abril
xantar-popular-vilalbite
24 Apr 2026

A Área Recreativa de Vilalvite acollerá o próximo 2 de maio un xantar popular con motivo da inauguración do novo Centro Social da parroquia, nunha xornada festiva que combinará convivencia veciñal, actividades divulgativas e música galega en directo.

A programación dará comezo ás 12:30 horas cunha charla centrada no aproveitamento do monte veciñal, que contará coa participación de Eloi Villada Legaspi, enxeñeiro técnico agrícola, membro da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes e funcionario xubilado da Consellería do Medio Rural.

Posteriormente, ás 14:30 horas, celebrarase o xantar popular, cun menú composto por paella mixta, churrasco mixto, patacas fritas, ensalada e sobremesa, ademais de bebidas, café e gotas. O prezo para adultos será de 30 euros, mentres que os nenos de entre 7 e 12 anos pagarán 15 euros. Os menores de 6 anos poderán asistir de balde.

A xornada completarase con actuacións de música galega e coa presenza da cantante Nerea Cobas, nun evento pensado para reunir á veciñanza e celebrar a posta en marcha deste novo espazo social. A organización corre a cargo de Agro Pena da Vila, coa colaboración do Concello de Friol.

As persoas interesadas en asistir poden adquirir os billetes ata o 25 de abril contactando cos teléfonos habilitados pola organización.

0.13267707824707