Vilapedre amplía o prazo para apuntarse á IV edición da Festa do Bo Xantar

Tralo éxito das dúas pasadas edicións, a Asociación de Veciños de Vilapedre organiza este sábado 19, a cuarta Festa do Bo Xantar que se fundamentará nun xantar co cátering O Paso.
Este consistirá en callos, polbo á feira, bebida, sobremesa, pan, café e licor a un prezo de 37 euros con nenos gratis ata os 6 anos e de 7 a 14 a 15 euros (con peituga de polo, salchichas e patacas, pan e bebida de menú).
Pero ademais da comida haberá outras actividades. Haberá música de tarde con Buxos Verdes e o dúo Miami, sorteos, agasallos e, para os máis pequenos, unha merenda e un inchable gratuíto. A maiores, Filloeiras de Muimenta convidará aos asisentes cunha actuación musical.
A organización lembra que o campo da festa estará cuberto cunha carpa.
Para a venta dos tíckets, todo aquel que queira asistir, ten un novo prazo para notarse. Deberá charmar antes do mércores 16 aos teléfonos 636 004 224, 699 635 026, 695 660 644 e 682 270 203.