Vilapedre celebra as súas festas a partir do venres

TerraChaXa
A festa comezará pola noite cunha sesión de pinchos variados de balde a partir das 22:00 horas
festas-vilapedre
20 May 2026

As Festas de Vilapedre, no concello de Vilalba, celebraranse os días 22, 23 e 24 de maio na honra a San Mamede e á Virxe dos Milagres. O evento contará cun completo programa de actividades relixiosas e musicais pensado para todos os públicos.

O venres, a festa comezará pola noite cunha sesión de pinchos variados de balde a partir das 22:00 horas. A verbena estará amenizada polo dúo Son de Festa, que porá ritmo á primeira xornada festiva.

O sábado terá lugar a misa solemne ás 13:30 horas, seguida da tradicional procesión e dunha sesión matinal a cargo do grupo Los Key. Pola noite, a festa continuará cunha gran verbena que contará coas actuacións de Explosión e Los Key.

O domingo tamén se celebrará unha misa solemne ás 13:30 horas, seguida de procesión e unha sesión matinal coa música do dúo Explosión, grupo que será o encargado de poñer o broche final a estas festas.

Todas as actividades terán lugar nun campo cuberto con carpa, para garantir o desfrute das celebracións con independencia das condicións meteorolóxicas.

0.12696385383606