Vilapedre convoca a primeira maratón de tute o próximo sábado

TerraChaXa
A asociación veciñal de Vilapedre organiza o vindeiro sábado, 27 de abril o primeiro maratón de tute por parellas.
22 abr 2024

A asociación veciñal de Vilapedre organiza o vindeiro sábado, 27 de abril o primeiro maratón de tute por parellas.

Este evento terá lugar na casa escola a partir das 15.30 horas e a inscrición será de 30 euros por persoa, que inclúe a cea degustación.

Recibirán un premio as tres parellas mellor clasificadas na xeral. Recibirán os gañadores da xeral 300 puntos, 150 para o segundo, 100 para o terceiro. Hai un máximo de 20 parellas.