Vilapedre organiza a IV edición da Festa do Bo Xantar

Tralo éxito das dúas pasadas edicións, a Asociación de Veciños de Vilapedre organiza o sábado 19, a cuarta Festa do Bo Xantar que se fundamentará nun xantar co cátering O Paso.
Este consistirá en callos, polbo á feira, bebida, sobremesa, pan, café e licor a un prezo de 37 euros con nenos gratis ata os 6 anos e de 7 a 14 a 15 euros (con peituga de polo, salchichas e patacas, pan e bebida de menú).
Pero ademais da comida haberá outras actividades. Haberá música de tarde con Buxos Verdes e o dúo Miami, sorteos, agasallos e, para os máis pequenos, unha merenda e un inchable gratuíto. A maiores, Filloeiras de Muimenta convidará aos asisentes cunha actuación musical.
A organización lembra que o campo da festa estará cuberto cunha carpa.
Para a venta dos tíckets, todo aquel que queira asistir, debe chamar antes do luns 14 aos teléfonos 636 004 224, 699 635 026, 695 660 644 e 682 270 203.