Vilapene de Cospeito celebrará as súas patronais os días 15, 20 e 21 de agosto

TerraChaXa
A parroquia de Vilapene de Cospeito celebrará as súas festas patronais na honra a Nosa Señora os días 15, 20 e 21 de agosto.
vilapene cospeito festas 2022 1
vilapene cospeito festas 2022 1
7 Ago 2022

A parroquia de Vilapene de Cospeito celebrará as súas festas patronais na honra a Nosa Señora os días 15, 20 e 21 de agosto.

Os actos darán comezo o luns 15 co oficio relixioso, ás 13.00 horas, seguido de procesión e sesión vermú a cargo do dúo Venus, e despois será o xantar veciñal servido polo bar Rochela que estará composto por empanada, polbo, churrasco, patacas fritas, ensalada, pan, sobremesa e café.

O sábado 20 haberá misa solemne ás 13.30 horas, procesión e sesión vermú co grupo Ritmo, o mesmo que se encargará tamén á noite da verbena xunto co dúo Explosión.

O domingo 21 repetirase o oficio relixioso ás 13.30 horas, a procesión e sesión vermú que estará amenizada polo grupo Punto Alba.

0.17496299743652