Villarente celebrará as festas de San Xoán con tres días de música, gastronomía e tradición

TerraChaXa
As celebracións comezarán o venres 19 de xuño cunha churrascada programada para as 21.30 horas, amenizada pola actuación do dúo Belinda
programa-villarente-abadin
16 Jun 2026

A parroquia de Villarente, no concello de Abadín, celebrará as súas festas na honra a San Xoán os días 19, 20 e 21 de xuño cun programa que combinará actividades relixiosas, música en directo e propostas gastronómicas para todos os asistentes.

As celebracións comezarán o venres 19 de xuño cunha churrascada programada para as 21.30 horas, amenizada pola actuación do dúo Belinda.

O sábado 20 terá lugar unha misa solemne ás 13.30 horas, seguida da actuación do Grupo de Música Tradicional A Rebolaxe. A sesión vermú correrá a cargo do grupo La Conexión, que tamén protagonizará a verbena da noite xunto á orquestra Los Player’s.

As festas rematarán o domingo 21 de xuño cunha misa solemne ás 14.00 horas. A continuación celebrarase a sesión vermú, que estará amenizada polo grupo Alba.

 

0.11894679069519