Viveiro pedirá á Seguridade Social a Escola Vella de Celeiro para a EOI

TerraChaXa | AMariñaXa
Viveiro pedirá á Seguridade Social a Escola Vella de Celeiro para a EOI
felix russell saw 251617
4 Dec 2020

No recente Pleno celebrado pola corporación municipal de Viveiro, votouse unanimemente a proposta do PP para solicitar á tesourería xeral da Seguridade Social a cesión da chamada Escola Vella de Celeiro, para acoller a Escola Oficial de Idiomas.

O voceiro do PP, Óscar Rodríguez, sinalou que “como o PSOE está nas institucións para facer oposición á Xunta e a Feijoo, os socialistas intentaron emendar a nosa moción para solicitar, mentres non se produza a cesión, un local á Xunta de Galicia. Non aceptamos a proposta e finalmente, a nosa moción saíu adiante por unanimidade”. Engade Rodríguez: “Unha vez máis, o PP levou a iniciativa”.

Outro das propostas populares, en forma de rogo, foi para que o Concello faga as xestións necesarias para a consolidación e limpeza dun edificio da rúa Juan Donapetri, que ten na súa cuberta un verdadeiro bosque. Rodríguez declara: “Foi, esta do PP, unha iniciativa necesaria, porque, polas indicacións que se nos deron dende o goberno, houbo hai tempo xestións cos propietarios, pero non fixeron nada; o único que fan é pagar as multas que lles impón o concello, e iso non resolve o problema. A ver se, a raíz da nosa proposta, o goberno se pon a traballar en serio neste asunto”.

0.10007500648499