Viveiro reduce os seus contaxios por debaixo da centena

TerraChaXa | LugoXa
6 Feb 2021

A provincia de Lugo segue a senda do control do virus cun novo descenso de casos activos, a segunda consecutiva condicionada novamente por numerosas altas aínda que o número de contaxios novoc confirmados mingua tamén. Así, este sábado os casos activos sitúanse en 1.957, que son 66 menos que onte. Na xornada anterior o ascenso foi de 81.

Rexistráronse nas últimas 24 horas 81 casos novos (onte foron 73) e as altas chegaron ás 8.631, 157 en 24 horas, o día anterior foron 163. É sen dúbida, coa de onte, unhas das maiores cifras de altas nunha mesma xornada que se dan ata o de agora.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 10.772 casos rexistrados e 178 persoas falecidas.

Pola contra, a presión hospitalaria empeora. Nas UCI hai tres casos máis, 30 en total, dúas delas na Mariña, o resto no Hula. Hospitalizados en planta hai 67 persoas (3 máis), 43 no hospital de Lugo (5 máis), 4 na Mariña (1 menos) e 19 en Monforte (2 menos). O Polusa volve acoller un enfermo.

POR COMARCAS

A Mariña

A covid continúa en remisión na comarca con todos os concellos rebaixando a incidencia ou manténdoa.

  • Viveiro segue á baixa con 94, 9 menos.
  • Xove mantense en 18.
  • Burela volve baixar e queda en 25, con 5 casos menos.
  • O Vicedo segue rebaixando e xa son 22 os enfermos, 1 menos.
  • Cervo mantense en 12.
  • Ribadeo tamén rebaixa 2 ata 21.
  • Foz rebaixa 1 caso, e queda en 10 contaxiados.

Terra Chá

A incidencia na comarca está marcada por Vilalba, que non logran vencer a curva e tras boas novas anteriores, hoxe recupera a alza de casos aínda que de forma simbólica. En crecemento agora mesmo están Guitiriz e Castro de Rei, pero de forma paulatina.

  • Vilalba suma un novo positivo ata 180.
  • A Pastoriza mantense en 10 casos.
  • Outeiro de Rei mantén 17.
  • Begonte baixa a 16, 3 máis.
  • Castro de Rei sobe 3 máis ata 24.
  • Friol volve baixar 2 casos e queda en 12.
  • Guitiriz sobe 2 máis nun día e xa son 17.
  • Pol está sen casos novos nos últimos quince días.
  • No veciño Concello das Pontes volven frear os contaxios en 67 (1 menos).

Centro da provincia

Lugo segue estable mentres o resto continúan á baixa agás Castroverde.

  • Lugo suma 2 casos ata 427.
  • Palas de Rei sengue na senda da rebaixa de casos con 4 menos e 51 en total.
  • Monterroso mantense en 15.
  • Becerreá rebaixa 1 caso ata os 10 de hoxe.
  • Castroverde suma 2 positivos e son 19 en total.
  • A zona da Montaña continúa con varios concellos sen casos nos últimos días como Negueira de Muñiz, Navia e Ribeira de Piquín.

Comarca de Sarria

Rebaixa importante en Sarria de casos debido as altas do gromo.

  • Sarria rebaixa a 112 contaxios, 53 menos.
  • Láncara rebaixa 1 ata 18.
  • Paradela rebaixa 2 ata 12 casos.

Ribeira Sacra

Monforte e Quiroga certifican dúas baixadas importantes nunha comarca á baixa a nivel xeral pero con algún crecemento lento en concellos como Sober e Taboada.

  • A vila de Monforte contabiliza hoxe 211 casos, 19 menos que onte.
  • Quiroga rebaixa da centena con 79, 16 menos que onte.
  • Chantada rebaixa 2 e xa son 47.
  • Taboada sobe 1 para chegar a 10.
  • O Saviñao mantense en 29 contaxios.
  • Pantón mantén os 28 de onte.
  • Ribas de Sil rebaixa por debaixo de 10.
  • Pobra do Brollón mantense en 12.
  • Sober volve subir ata os 12 casos (1 máis).
0.13670611381531