Viveiro repartiu nos centros educativos o conto 'Os Bolechas van a Viveiro. Si á Igualdade. Non á violencia'

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
9 Dec 2019

O Concello de Viveiro fixo entrega aos centros educativos do conto Os Bolechas van a Viveiro. Si á Igualdade. Non á violencia.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a concelleira de Cultura e Muller, Lara Fernández, realizaron hoxe o reparto do libro na escola infantil municipal e na EEI San Roque, dentro dun proxecto dirixido á poboación infantil e xuvenil para favorecer a coeducación e unha promoción da igualdade de oportunidades que fomente a desaparición dos roles e estereotipos de xénero, tanto no ámbito educativo como no ámbito familiar.

“O libro utiliza a maxia dos contos para introducir ás rapazas e rapaces no mundo da igualdade, servindo así como recurso de eliminación de estereotipos e de roles socialmente asignados a cada un dos sexos”, explica a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

Partindo dos personaxes principais de ‘Os Bolechas’, elaborouse un conto ambientado no Concello de Viveiro, introducindo lugares e personaxes emblemáticos do lugar e dotándoo así de identidade propia  e de sentimento de pertenza.

A historia centrouse na eliminación de estereotipos e de roles socialmente asignados a cada un dos sexos, como medio de prevención da violencia de xénero, fomentando valores de igualdade de oportunidades e respecto das diferencias.

O reparto realizouse nos colexios e escolas infantís do concello (Escola Infantil de Celeiro, Gardería Municipal de Viveiro, EEI San Roque, CEIP de Celeiro, CEIP de Covas, CEIP Santa Rita de Galdo, CEP Luis Tobio e CPR Landro). Hai un exemplar para cada alumno ou alumna.

0.091617822647095