Voces
Un vehículo acaba de pasar preto, risas, conversacións ao noso redor, alguén che pregunta algo, quere ver sé te atopas ben; unha voz diferente ordénache algo.
A maioría, ao abrir os ollos, verá que xunto á estrada que pasa moi preto de onde se atopa, acaba de pasar un coche a gran velocidade; xunto a el atópase a súa familia, os seus amigos, están a charlar e rindo de forma animada, e un deles estache preguntando algo.
En cambio, hai algunhas persoas que ao abrir os ollos e ver o orixe deses sons e voces, comprobará que non hai ninguen preto, que aínda cos seus ollos abertos escoita que alguén lle fala, pero atópase só.
A esquizofrenia é unha enfermidade que afecta a unha porcentaxe relativamente pequena da poboación española, sendo os homes quen ten unha incidencia maior.
Calquera enfermidade mental afecta de forma significativa á persoa que a padece, e aínda hai tratamentos que permiten que os pacientes poidan levar unha vida normal, unha mínima porcentaxe non segue un tratamento e podería levar a cabo algún delito.
Con iso non queremos estigmatizar ao enfermo, pero é algo patente no ámbito xudicial, pero do mesmo xeito hai persoas que cometen delitos e non están afectados por unha enfermidade similar, e estes si constitúen a maior porcentaxe de criminais.
“Ráxalle a gorxa que agora está de costas”, e así matou a unha das súas vítimas Francisco García Escalero, máis coñecido como “O Matamendigos”, oía voces que lle ordenaban matar.
A esquizofrenia que presentaba este home, sumado ao consumo de alcohol e drogas e a falta dun tratamento efectivo, a pesar de que estivera en varias ocasións ingresado nun psiquiátrico, fixeron que se convertese nun dos maiores asasinos en serie da historia negra española.
Ao longo de sete anos asasinou a once persoas, sempre seguindo as indicacións das voces, que mesmo lle ordenaron suicidarse, lanzándose contra un vehículo en marcha, pero unicamente rompeu unha perna.
Unha vez no hospital foi cando confesou, xa que dixo que quería que o detivesen, que non quería continuar matando, e foi así como coñeceuse a súa historia.
Foi xulgado e absolto por alleamento mental e ingresado no Psiquiátrico Penitenciario de Forcalent, onde faleceu no 2014, quedándonos cunha das súas frases: “Nunca comprenderei mentres estea vivo, por que o facía. Non o poderei saber nunca. Xamais. Xamais na vida comprenderei como puiden chegar a facer o que fixen”.
O psiquiatra que o atendeu e na última conversación que tivo con Escalero, comentaba que este lle dixo “As voces seguen... Rín de min... Dinme que queren sangue”.
Aínda que este é un caso bastante extremo e de manual, hai moitos enfermos que seguen “a furia intensa que se lle sobe á cachola” (en palabras de Escalero), aínda que non todas son voces que inciten a matar, pero poden chegar a alterar a súa vida diaria, e mesmo algúns poderían quitarse a vida ou autolesionarse a fin de deixar de escoitar e sentir.
Hai tamén quen pode chegar a convivir en harmonía con esas voces, continuando coa súa vida sen que as conversacións que oe interfiran na súa actividade diaria e así poden proseguir co seu traballo e relacións de forma normal.
Finalmente e en palabras de Virginia Wolf acabamos: “Estou segura de que me volvo tola de novo. Creo que non podo pasar por outra desas espantosas tempadas. Esta vez non vou recuperarme. Empezo a oír voces e non podo concentrarme. […].
Pablo Filgueiras e Aranzazu Rodilla