Volve a Guitiriz o programa Recreos con froita

O pasado xoves, o Concello iniciou o programa Recreos con froita no CEIP Lagostelle de Guitiriz e no CEIP Santo Estevo de Parga. As nenas e nenos dos dous colexios, con idades comprendidas entre 3 e 12 anos, benefícianse desta iniciativa.
Este programa, que vai camiño da década, está a ter unha gran acollida entre familias e escola. A través de esta iniciativa, garántese que a mocidade merende froita na hora do recreo, os xoves e martes de cada semana.
O obxectivo que persegue o goberno local é incrementar e afianzar o consumo de froita durante a infancia. Deste xeito, reducir o consumo de procesados, produtos envasados e de azucres nas merendas, xa que é o momento máis propicio para iso.