Volve a ximnasia ao aire libre a Muimenta

TerraChaXa
Comeza o 12 de xullo e ata o 13 de setembro
maiores-ximnasia
Maiores facendo ximnasia
8 Xul 2024

A Asociación Cultural Aquilino Iglesia Alvariño, en Muimenta, pon en marcha outro ano máis a actividade de ximnasia de mantemento ao aire libre a cargo de Julia.

Terá lugar todos os venres desde o 12 de xullo ao 13 de setembro, de 17.00 a 18.00 horas, no campo da igrexa Vella de Muimenta.

Os interesados que sexan socios irán de balde e, os que non o sexan, teñen que pagar un prezo de 10 euros na mercería Teresa.

0.1801130771637