Volve o cine á rúa en Castro de Rei coa proxección de '20.000 especies de abejas'

LugoXa | TerraChaXa
A sesión, que será este sábado ás 22.00 horas, está organizada por Amigos da Feira
20000-especies-de-abejas-pelicula
Cartel
24 Ago 2024

Nova sesión de Cine na Rúa en Castro de Rei este sábado, 24 de agosto, ás 22.00 horas no campo da Feira. Proxectarase a película 20.000 Especies de abejas, gañadora de 3 premios Goya. En caso de choiva trasladarse ao teleclub. A sesión está organizada por Amigos da Feira.

Cocó, de oito anos, non encaixa nas expectativas dos demais e non entende por que. Todos ao seu redor insisten en chamarlle Aitor pero non se recoñece nese nome nin na ollada dos demais. A súa nai Ane, sumida nunha crise profesional e sentimental, aproveitará as vacacións para viaxar cos seus tres fillos á casa materna, onde reside a súa nai Lita e a súa tía Lourdes, estreitamente ligada á crianza de abellas e á produción de mel. Este verán que cambiará as súas vidas obrigará a estas mulleres de tres xeracións moi distintas a enfrontarse ás súas dúbidas e medos. E sobre todo, a Ane a ser por fin honesta consigo mesma.

0.12633085250854