Volve o tenis de mesa con vitoria do TDM

TerraChaXa
Despois do segundo parón na liga galega de tenis de mesa, esta fin de semana o TDM Concello de Vilalba volvía á competición no Mato Vizoso.
tdm vilalba dez portas
tdm vilalba dez portas
8 Mar 2021

Despois do segundo parón na liga galega de tenis de mesa, esta fin de semana o TDM Concello de Vilalba volvía á competición no pavillón do Mato Vizoso.

E non podía ser de mellor maneira que cun derbi provincial. Así, o equipo vilalbés enfrontábase ao Dez Portas Higiene Miña, nun partido disputado de poder a poder, con moi bo comezo para os locais que se poñían cun tres cero por diante.

Pero, debido á relaxación ou á falta de competición, inmediatamente os visitantes fixéronse con dous puntos. O número uno do equipo, Carlos Ramón Arias, conseguía con claridade o cuarto punto e a vitoria para o TDM Concello de Vilalba, o que os volve a situar no quinto posto da táboa e fai mirar moi lonxe o descenso a falta de 5 xornadas para a finalización da liga, esperando que esta poda disputarse con toda normalidade sen máis paróns nestes tempos tan críticos.

O vindeiro domingo o equipo vilalbés desprazase a Lugo para enfrontarse ao líder invicto, ao equipo da Milagrosa.

0.16491389274597